Unha primeira tanda de profesores da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de A Coruña aproximanse ó noso Museo

Por primeira vez desde a nosa inauguración, setiembre de 2013, un grupo de dez profesores da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, antigo INEF-Galicia, trasladáronse a Ponteceso para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).

O grupo reducido debeuse a que algúns dos devanditos profesores pasaran o COVID-19 e por tanto as restricións sanitarias foron respectadas ao máximo. Para o noso director Ricardo Pérez e Verdes foi honra recibir a estes insignes académicos, ademais de amigos e compañeiros de Facultade durante moitos anos. Algúns deles xa co “xubileu” nas súas costas e outros máis novos foran alumnos de bacharelato facía moitos anos de Ricardo.

Entre os compoñentes do grupo, atopábanse o profesor emérito, ex -decano e profesor de Atletismo Dr. José Manuel Cardesin; ao médico de Fisioloxía do Exercicio ao Dr. Alberte Oro; ao profesor, adestrador de Fútbol Manuel Pombo; ao profesor de Didáctica do Ensino a Celso Carrera; ao profesor de Balonmán o Dr. Juan Fernández; ao Dr. Antonio (Tony) Ardá profesor de Fútbol; ao Dr. Médico e profesor de Anatomía Carlos Agrasar e ao profesor de Atletismo, olímpico Moscova-80 e record de España en varios ocasións o Dr. Isidoro Hornillos.

Unha primeira tanda de profesores da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de A Coruña aproximanse ó noso Museo

Unha mañá intensa de case catro horas de visita guiada, onde os encomios de todos eles, nalgún momento causábanos moito pudor, pola localización, o recinto, a estruturación do mesmo, o número importante de pezas, etc. Pedían perdón por non realizar antes o encontro, pero as circunstancias de horarios, problemas persoais, a pandemia, etc. foise deixando día a día e por fin! chegou o momento oportuno, nun día moi especial, do comezo da Inauguración dos Xogos Olímpicos de Verán en Tokio-20 ( XXXII Olimpíada). En quendas de pequenos grupos como o de hoxe, retomaranse ao visitas guiadas para completar o número de 52 profesores e profesoras que conforman o Claustro de profesores. Nesta quenda non houbo representación feminina.

Despois de charlar detidamente  sobre a historia, dos xogos, do deporte, do tempo libre e o lecer, da educación física, et… e está claro, medíndonos nosas forzas e habilidades, nalgunhas ocasións entre o guía e os visitantes, despois de votar os tres primeiros premios de murais de azulexo sobre os xogos e deportes tradicionais, asinar no Libro de Ouro do MELGA, fíxoselles entrega dunha bolsa turística da zona, ademais dalgúns obsequios do museo ( pin, alfombrillas de computador, máscaras,…)para a cada un deles. Despois dun opiparo xantar no restaurante A Pesqueira de Ponteceso, unha sobremesa longa e tendida, fixemos turismo ao Monte Blanco e ao Piñeiral e praia de Balarés. Sobre as 20,00 h. aproximadamente foi o regreso cara á Coruña. Un día memorable e nunca esquecido.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.