Visita guiada privada ó Melga

Hoxe domingo día 29 , demos comezo ás visitas guidas para particulares, que desexan pasar un día lúdico en grupo coa súa familia ou amigos no MELGA e realizando ao mesmo tempo unha xornada turística da zona, admirando os monumentos, as súas praias e lugares pintorescos dacontorna . Lembrámoslles que todas as mañás de sábados e domingos de todo o ano, de 11,00 a 13,00 h. da mañá, vén realizando un pase guiado, previa solicitar con 15 días de antelación, para todas aquelas persoas que estean interesadas en visitarnos e que desexen facelo en grupos máis reducidos.

A vintena de persoas que nos acompañaron nesta ocasión, foron matrimonios de diferentes profesións como profesores/as, empresarios/as e funcionarios/as, cos seus fillos/as.

Despois de case tres horas de visita ao museo, os visitantes desprazáronse a Corme, Balarés, Monte Branco, Torres de Mens, Niñóns, Anllóns…

Unha xornada grandiosa de convivencia familiar, tendo como fin a cultura, a gastronomía e o turismo como eixo fundamental do coñecemento e sabedoría.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.