Visita sorpresa ao Melga da crítica de arte Maya Álvarez de Sotomayor

Con inesperada sorpresa, o venres pasado día 12 de xullo-19 pola mañá, recibimos no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, a visita da coñecida Crítica de Arte dona Maya Álvarez de Sotomayor, neta do afamado pintor galego Fernando Álvarez de Sotomayor e esposa do pintor gaditano Hernán Cortés retratista de Felipe VI  e director do Museo do Prado durante moitos anos.

Como devandito día estaba reservada unha visita guiada do Campus Deportivo do Concello de Torques (A Coruña), aproveitou a mesma e uniuse ao grupo realizando o percorrido con todos os membros do campamento deportivo. Tamén se uniu á práctica dos xogos tradicionais demostrando as súas habilidades lúdicas competindo a un gran nivel.

Segundo a ilustre visitante, transmitiunos a súa felicitación polo gran traballo realizado en prol do Patrimonio galego e mundial sobre a historia do xogo e o deporte tradicional e moderno, dábanos as grazas pola extraordinaria visita e por tomar a decisión de traer o MELGA para o concello de Ponteceso, un activo moi importante para as xentes da vila pondaliana.

Só obtivemos palabras de agradecemento pola xornada gozada e que lle supoñía, sobre todo, unha fonte documental de coñecementos sobre o mundo lúdico-cultural para ela un campo moi pouco coñecido. A súa satisfacción era enorme e prometeu, xa que lle sabía a pouco, que o mes de agosto entrante, achegaríase de novo ao MELGA, pero esta vez con toda a súa familia, e así volver saborear todos xuntos, outros campos non tratados no percorrido efectuado no día de hoxe.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.