O grupo da Escola Infantil as Estreliñas de Carballo ( A Coruña) pecha as visitas do mes de Xullo

Excedendo o milenio de visitantes, con 31 grupos e moitos  particulares, pechou o mes de xullo, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, con gran éxito e ao completo, as visitas guiadas diarias matinais, así como as varias xornadas dobres e triplos de mañá e tarde. Nesta ocasión, onte día 31, tivo a honra de clausurar o devandito mes, a Escola Infantil As Estreliñas de Carballo (A Coruña), con medio centenar de nenos e nenos entre os 2 e os 6 anos de idade e as súas profesoras/educadoras Anabel Costa, Amanda Canedo e Rosa Álvarez como encargada do grupo.

Foron case dúas horas de prácticas de xogos, onde o divertimento e a alegría estiveron presentes en cada momento, acompañados ditas actividades lúdicas, con variadas cancións, sons e músicas tradicionais. Non faltaron os castelos de mazarocas e pinzas, o tirafungueiro, o loio, a matrácula, o varapau, o sapo, os trompos,  as perinolas e perindolas, o balero, o disco, o zurriagazo, as carreiras de tartarugas  ou o xogo da estrela,… aínda que non se puido conseguir bater ningunha marca, pero iso si, tentárono con paixón, ardor e en moitos casos con moito esforzo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.