Horarios

Horarios

Comunícase a tódolos posíbeis usuarios que o Museo Entolúdico de Galicia (MELGA) terá, dende o inicio do presente ano 2024, un novo horario de visitas.

  • VISITAS LIBRES: Temporalmente PECHADO (ata novo aviso).
  • VISITAS GUIADAS* PARA GRUPOS: ABERTO tódolos días da semana.

*As VISITAS GUIADAS deberán poñerse en contacto connosco para organizar a sesión lúdica solicitando CITA PREVIA para a Reserva con 15 días de antelación. Tamén será preciso e obrigatorio para asistir á mesma, formar un grupo cun mínimo de 15 persoas.

No caso dos DOMINGOS, FESTIVOS e XORNADAS ESPECIAIS (Semana Santa, Letras Galegas, Entroidos, Constitución, etc…), cumprindo os requisitos expostos con anterioridade, non deixen de solicitar á nosa secretaría administrativa as súas inquedanzas e necesidades. Se NON logran alcanzar o número de compoñentes (15), poderán apuntarse a unha LISTA DE ESPERA e así contabilizar o número mínimo esixido.

Para maior información, dirixirse ao teléfono 981715442 ou aos e-mail:
info@museomelga.com ó ricardoperezyverdes@gmail.com.

Fai a túa reserva

Consulta as datas dispoñibles

Cargando Calendario...
-
Disponible
01
-
Reservado
01
-
Pendiente