III Baixada de carretas, carros y carrilanas de Ponteceso

Outro ano máis, ás 17,00 h. da tarde do sábado da Barquiña, no Campo dá Feira,  déronse cita, na súa terceira edición todos os amantes das “carretas, carros e carrilanas de madeira” (transportes lúdicos terrestres), da zona bergantiñá do concello de Ponteceso.

Cunha participación importante (40 concursantes) e moitos espectadores, a “baixada” foi, como todos os anos un gran éxito e este ano inmellorable, pola espléndida e asollada tarde que nos deparou a climatoloxía, diferente ao ano anterior con tivemos que sufrir unha choiva incesante e non pudendo finiquitar algunhas probas de resistencia programadas.

A primeira proba individual realizada foi para as “carretas” (bicicletas de madeira), típicas e exclusivas de Ponteceso. Na saída contamos con 12 competidores. Verificáronse varias series de baixadas (5 en total) e sumados os tempos correspondentes obtivéronse os vencedores absolutos. Alfredo Jose García (Tella-Ponteceso) foi o campión;  o subcampión obtívoo Alfonso García (Carballo) e o terceiro clasificado foi para Jose Manuel Couto (Bugalleira-Ponteceso).

As “carrilanas” por parellas foi a segunda proba puntuable, sendo os que obtiveron os tres primeiros premios maiores, os irmáns Adrián e Lucía (Ponteceso) como campións; Aarón e Nicolás (Ponteceso) como subcampións e terceiros clasificados Brais e Sergio (Ponteceso). Na raia de partida estaban presentes 18 parellas.

E finalmente o terceiro descenso, a máis espectacular, foi a baixada de “carros ou coches” (modelo único do mundo e orixinal de Ponteceso) con catro compoñentes cada equipo. Os equipos para competir foron nun total de 10. O equipo vencedor estaba composto por Sergio, Brais, Patricia e Nerea que obtiveron o primeiro posto e campión; Daniela, Brais, Alvaro e Darío foron os subcampións e Lara, Mariña, Ricardo e Sergio os terceiros clasificados.

Rematadas todas as probas, os trofeos foron entregados polo rexedor do concello de Ponteceso Lois García Carballido que estivo presente como espectador durante o case tres horas que durou a sesión lúdica.

É importante continuar con esta actividade tradicional e moi popular en Ponteceso, xa que das tres probas realizadas, dous delas son orixinais da nosa pequena Ponteceso (as carretas e os carros), xa que as carrilanas están en toda Galicia, tentando por parte da organización do MELGA e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, promocionar e divulgar a pureza dun xogo tan presente na vida cotiá dos nenos/as, novos  e adultos desde hai moitísimos anos. Esperamos que o ano entrante (2017) sigamos “in crescendo” na participación, por suposto en espectadores e contemos con moitos mais participantes doutras zonas da provincia e de Galicia, para lograr ano a ano un novo record, que este ano foi ao redor dun centenar de inscritos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.