III Campionato de tirabalas de Ponteceso 2016

O viTirabalitondeiro martes, pola tarde, día 1 de novembro (festivo) ás 17,00 h. no campo de xogos do Centro Cultural do concello  (MELGA), vai desenvolver a terceira edición do Campionato de TIRABALAS Ponteceso 2016.

Convocamos a todos os interesados a participar neste magno evento tradicional, onde pretendemos que, tanto en espectadores como participantes, batan o record do ano anterior.
Seguramente os campións da edición anterior estarán preparados e moi ben adestrados para dar a batalla a todos os “novos” que se presente a esta sesión.

Haberá trofeos e premios gastronómicos absolutos, como de costume, para os vencedores.
Lembrar que todos os participantes deberán “portar” os seus tirabalas e alí entregaráselles os proxectís (municións) correspondentes para as tiradas de precisión. Haberá varias categorías e ramas (masculina e feminina), así como un premio especial para o tirador máis novo e para o máis veterano.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.