O Melga inicia as suas visitas guiadas do curso escolar 2017-18

Co comezo do mes de outubro, despois dun setiembre de descanso do persoal do Museo Etnolúdico de Galicia, ademais da realización dalgunhas modificacións e melloras do recinto de exposición, hoxe día 02 de outubro, iníciase a andaina das sesións guiadas do cuarto ano consecutivo do MELGA. Se o período da tempada 2017, ata a data, foi moi importante, podemos informar que, poida que este final de trimestre e o primeiro trimestre do 2018, están a levar unha intensidade notoria en reservas de centros escolares  e grupos de asociacións de adultos, pois xa dispoñemos de reservas en todos os meses que van de outubro ata o mes de marzo do próximo ano.

Como curiosidade diremos que aqueles que nos han reservados datas con tanta antelación, son visitantes que o fan por primeira vez e con iso supoñemos, que non desexan perderse a visita guiada planificada neste ano escolar, dentro dos programas de actividades extraescolares anuais do centro docente. Tamén hai que sinalar que case todos os novos grupos que nos van a visitar, desprázanse ao MELGA nun número superior aos 100 alumnos/as.  As reservas proceden, de momento, da provincia da Coruña (Betanzos, Carballo, Santiago de Compostela, A Coruña, As Pontes, Arteixo, Laracha e Ferrol ) e das provincias de Lugo (Vilalba e Lugo) e de Pontevedra (Marín e Pontevedra).

Leave A Comment