Melga organiza a Ruta de Bicicletas Clásicas en Sada (A Coruña)

O domingo día 30 do presente mes de xullo-17, o concello de Sada (A Coruña) tivo a ben, o solicitar ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e á  Fundación Ricardo Pérez e Verdes, a organización da Ruta de bicicletas Clásicas, con motivo da celebración das festas patronais de verán. O percorrido constará duns 5 quilómetros en terreo chairo, percorrendo o paseo marítimo, a praia de Gandarío  e as rúas da mariñeira vila coruñesa. Como sempre a inscrición é gratuíta e o único requisito indispensable será, o levar unha adecuada indumentaria da época, século XIX ou comezos do século XX, cunha bicicleta anterior aos anos 50 aproximadamente.  Finalmente haberá unha degustación “de balde” dunha gran sardiñada para todos os participantes. Animarvos a pasar unha gran xornada velocípeda!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.