O Melga recibe ao CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños por terceira vez consecutiva

Medio centenar de alumnos e alumnas, entre os 8 e 9 anos de idade, do CEIP. Milladoiro de Malpica de Bergantiños, visitaron no día de onte mércores 13, o MELGA de Ponteceso, esta era a terceira vez en que nos acompañaban, e así realizar outra visita guiada ao centro museístico acompañados, en esta ocasión polos seus profesores/titores Mario Pereirta, Susana Álvarez e José González Mancebo como coordinador da actividade.

Debido a outros compromisos culturais, viñan doutros museos da zona, a sesión rematou sendo moi curta, xa que só púidose realizar un recoñecemento profundo á primeira sala, deixando a segunda sala para outra ocasión. Se a iso sumamos, que a visita foi sorpresivamente abordada polo programa “A Revista” de Televisión Galega (TVG), pois estaban interesados en realizar varias conexións en directo, para coñecer “in situ” as respostas que os nenos e nenas do centro escolar, ademais do guía do centro, tiñan sobre os xogos e deportes galegos así como da súa práctica diaria e coñecemento dos mesmos, pois achegándose estas datas de alto consumismo dos Reis Meigos e Papa Noel, cales eran as súas opinións, preferencias e intereses que tiñan sobre os xogos antigos e os industrializados da actualidade e coñecer de primeira man, a través de entrevistas, as diferenzas entre os xoguetes de onte (máis artesanais) e de hoxe ( máis tecnificados) e de se era mellor regalar un xoguete adquiríndoo nun centro comercial ou confeccionalo por un mesmo.

Leave A Comment

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.