No circuito da Trabe-Ponteceso circularon outro ano máis as carretas, os carros e as carrilanas

Con menos participación que o ano pasado, menos público e un atraso de case hora do comezo da proba, pois soamente foron unha trintena de “pilotos” de carretas, carros e carrilanas, os que decidiron, tomar a saída desde o Alto da Trabe concello de Ponteceso, para competir na carreira de velocidade-resistencia no inclinado e perigoso do circuíto campo da Feira.

O distancia que tiveron que efectuar os competidores foi aproximadamente sobre un quilómetro de distancia, con tramos de velocidade pura e noutros tramos a resistencia entraba en acción, ao ter que empuxar os seus vehículos ou levalos polo aire ata conseguir a recta final. Houbo en total tres baixadas alternas ao circuíto, seleccionando a mellor das tres series.

Os “prototipos” que empregaron os condutores da carreira foron, na súa maioría postos polo Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) e poucos trouxeron as súas máquinas. A maioría de participantes eran novas e adultos, así como nenos de categoría infantil-cadete e a excepcionalidade, de soamente dúas mulleres que se atreveron a deslizarse polo circuíto., que desgraciadamente ambas as valentes guerreiras “bicaron” o chan con senllas caídas sen consecuencias finais de gravidade.

O gañador da proba de carretas foi para Marcos Castineira cun tempo de de 55,74 segundos, o subcampeonato para Iago Pena con 10’1,22 segundos e o terceiro clasificado foi para Eliseo Vilanueva cun tempo de Yago Branco con 1.25 segundos. En nenos o vencedor foi para Guillermo Pouse. En mulleres a proba foi para Sonia García e o segundo lugar para María García. A proba das carrilanas foron os vencedores os irmáns Jaime e Eliseo Villanueva e nos carros foron o gañadores Marco Castineira, Yago Branco, Santiago Fernandéz e Jorge Costa  con un tempo de 1,33 segundo, os subcampións foron Sergio Canizás, Mouhssin Zekri, Victor Landeira e Aitor Muñiz con tempo de 2,12 segundos empregados.

Os premios a todos os gañadores das diferentes probas foron entregados pola concelleira de Servizos Sociais do concello de Ponteceso Isabel Volta. Todas as probas celebráronse nun gran ambiente festivo, cun público aínda que non números (non o desexado), pero en cambio moi entregado animando en todo momento aos competidores cos seus aplausos e aclamacións. Esperamos que o ano que vén todo resulte máis atractivo para todos e o circuíto énchase de entusiastas a esta competición tan nosa e tradicional.

Leave A Comment

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.