No Melga, onte xoves, falouse en inglés

Medio cento de alumnos/as (2º ciclo de infantil) de 3-4 e 5 anos de idade do colexio O Castro British School Coruña, acompañados polas súas profesoras Cristina Sánchez, Tania Castro, Alejandra Vasallo, Laura López e Alison Moore e como xefa da expedición Begoña Vego, estuveron visitando o Museo Etnolúdico de Galicia.

O devandito grupo fixeron unha visita guiada matinal, nas instalacións do Centro Cultural do concello de Ponteceso, onde está situado o MELGA. A sesión realizouse, debido á curta idade dos “pequerrechos” visitantes, en dúas fases de 40 minutos cada unha delas, cun intermedio descanso para tomar o tentempié de media mañá. É o primeiro colexio trilingüe (galego, español e inglés), en asistir ao noso centro, aínda que o idioma oficial fose prioritariamente o inglés. Unha experiencia nova, xa que se seguiu co mesmo plan de estudo do centro docente.

Aínda que pareza mentira, o comportamento e interese de todos os asistentes (docentes como discentes) foi moi destacado, participando na gran cantidade de xogos prácticos previstos, cos correspondentes “piques individualistas” polas idades dos participantes.

Como curiosidade entre as profesoras atopábase Cristina Sánchez veciña da Trabe (Ponteceso) que era a primeira vez que viña ao museo pontecesán.

Despois da visita desprazáronse ao Monte Branco para observar unha panorámica da ría do Anllóns  e ao piñeiral de Balares para repoñer as forzas do esforzo realizado.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.