Nova doazón para o Melga

Con motivo do VI Roteiro de Bicicletas Clásicas de Ponteceso, celebrada esta última fin de semana día 15 de de o presente mes de setiembre, a única achega dun veciño do concello ao devandito evento foi unha bicicleta clásica modelo “Ciclos Eibar” do ano 1938, cedida á organización para a súa exhibición na praza do Recheo e que a “cabalgou” o noso director do MELGA durante o percorrido planificado, hoxe tivemos a agradable sorpresa, de que dita bicicleta sexa doada á Fundación Ricardo Pérez e Verdes para a súa exposición permanente nas vitrinas do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).

O gran benfeitor nesta ocasión foi Serafin Ures de Pazos-Ponteceso, propietario de Talleres Ures da devandita localidade, que a través do seu fillo Serafín levou a cabo dita cesión. A bicicleta antiga doada pola familia Ures xa se atopa, neste instante, en exposición no recinto museístico, para que todos as xentes de Galicia, podámola observar detidamente, pois son moi escasas na actualidade española para gozar delas.

Seguramente, estamos convencidos que algún dos nosos conveciños pontecesáns ou galegos en xeral, nalgún lugar das súas residencias, atoparanse esquecidas algunhas destas xoias tan prezadas. Só téñense que poñer en contacto co museo e nós ocuparémonos de reparalas debidamente. Sen dúbida, mellor estarán nun museo, para que todos podámola admirar, que nun “fallado” estragándose co paso do tempo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.