O ANPA do CPI. O Cruce de Cerceda promociona nun grande festival a recuperación dos Xogos Tradicionáis na escuela

Preto de trescentas cincuenta persoas, entre alumnos, profesores e asociación de pais e nais do CPI. O Cruce de Cerceda (A Coruña), reuníronse o venres pasado, día 21 de decembro como acto final de cuadrimestre, para desenvolver unha sesión de xogos e deportes tradicionais na escola, cunha introdución (charla) teórica ao mundo lúdico e ao mesmo tempo unha práctica xeral dos mesmos. A proposta foi planificada polo ANPA do centro, que solicitou á Fundación Ricardo Pérez e Verdes e ao MELGA de Ponteceso, que fósemos os organizadores da devandita “Xornada de Recuperación do Xogo Tradicional”.

Con seis horas de duración, de 9,30 h. ata as 15,30 h., todos os alumnos e alumnas do centro nos seus diferentes ciclos (primaria, infantil e secundaria), como tamén os profesores e profesoras do centro e varios membros da asociación, coa súa presidenta á cabeza, participaron por primeira vez, dun día de xogos e deportes galegos no seu centro escolar. A sesión estaba organizada para as instalacións externas (patios e soportais do colexio), pero en vista do mal tempo (vento e choiva), o festival tivo que trasladarse ao Pavillón Municipal, que o concello de Cerceda cedeu ao centro, para que todos os participantes gozasen dunha actividade nova para eles.

 

esión de xogos e deportes tradicionais na escola

 

O máis destacable da sesión foi que a colaboración e interese de todos (alumnado, profesorado e ANPA) puido levar a cabo en orde e entrega “a tope” de todos. Desde os pequenos, aos mozos e adultos involucrados no festival, só houbo agradecementos e satisfacción pola devandita actividade. Como anécdota, unha profesora de intercambio de Nova Zelandia, interesouse moitísimo polos nosos xogos e o MELGA, participando, como un máis, da sesión práctica. Tanto o centro como o ANPA, trasladáronnos, que para rematar a “faena”, que contásemos con eles en datas próximas, para desprazarse a Ponteceso, para asistir a unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).

Con este festival, a Fundación e o MELGA, pechan a tempada exitosa de actividades e visitas guiadas (as xerais continúan durante estas festas do Nadal) de 2018. Finalizado o ano faremos, como de costume, un balance do mesmo. Seremos ditosos en recibirlles o próximo ano 2019.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.