O CEIP. Labarta Pose de Baio, celebra a súa excursión de fin de curso, con xogos tradicionais, na carballeira da capela do Briño de Cabana de Bergantiños

Hoxe no magnífico e espectacular robledal da capela do Briño (Cabana de Bergantiños) trasladáronse coa totalidade dos seus alumnos/ as do centro escolar do CEIP. Labarta Pose de Baio, para realizar a excusión de final de curso, con preto de douscentos docentes, e realizar nese marco incomparable, cun día magnífico para realizar actividades ao aire libre, un gran Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos. Os nenos e nenas do colexio, estiveron acompañados polas súas titoras e titores, así como á fronte da actividade planificada viña a súa directora María Jesús López Añón. Tamén estiveron presentes os membros do ANPA do centro.

Despois de cinco horas de xogos xerais e globais, pasando por xogos de forza, habilidade, lanzamentos de precisión, longa distancia, equilibrios, xogos de locomoción, etc. finalmente sacáronse os manteis e as viandas (tortillas, embazadas, queixos, froitas, pasteis, regados todas elas con auga fresquita da fonte, etc.), levou a cabo un comida campestre na área recreativa. Unha xornada memorable, pois tanto alumnos como profesores, participaron activamente na totalidade dos xogos organizados polo MELGA e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e dirixidos por varios monitores do centro museisitico. Hai que agradecer ao concello de Cabana de Bergantiños, por ceder as instalacións do Briño e ao profesorado do CEIP. Labarta Pose e ao ANPA do centro, que colaboraron intensivamente en todo o gran evento planificado, para que saíse todo á perfección. Outra experiencia máis na promoción e difusión do noso Patrimonio cultural, lúdico e inmaterial de Galicia. Grazas por regalarnos un gran día e feliz verán para todos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.