O colexio Andaina prosegue as súas visitas durante a pandemia

O centro escolar privado CPR. Andaina Sociedade Cooperativa Galega da Coruña acercouse por terceira vez neste ano de pandemia, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) para realizar outra nova visita guiada ao mesmo. O grupo compoñíano nenos e nenas de cuarto “A” de primaria (9-10 anos), un total de 25 compoñentes, acompañados polas profesoras Andrea Mañá e Cristina Corgo organizadora da actividade e titora do grupo. Como de costume as normativas gobernamentais da pandemia, cumpríronse ao completo.

Nas dúas sesións anteriores, os grupos asistentes só visitaran a primeira sala debido ao pouco tempo que dispoñían para iso, pero nesta sesión matinal, todos os alumnos puideron realizar a visita guiada ao completo. A xornada durou unhas tres horas, onde a totalidade do grupo, (nenos/as como profesoras) gozaron das explicacións do guía do museo, así como da práctica dos xogos programados para a ocasión. Un grupo moi participativo e interesado en todo o organizado, aínda que non obtiveron ningún dos premios ( records, agasallos, etc.) que en cada visita entregamos, pero…noutra ocasión será porque se comprometeron a volver con moito mais adestramento.

Despois da visita ao MELGA, toda a expedición partiron para o Monte Blanco e xantaron no Piñeiral de Balarés, partindo cara á Coruña sobre as 16,00 h. aproximadamente. Segundo as profesoras:

Foi un día moi diferente, especial e necesario, para que os nosos nenos e nenas puidesen saír da aula, durante este ciclo de pandemia, e sobre todo para… xogar

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.