O Día das Letras Galegas no Melga e doazón da hogaza máis grande do mundo

Con motivo do Día das Letras Galegas, onte xoves o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso abriu, por segundo ano consecutivo as súas portas, en horario interrompido desde as 10,00 h. ata as 20,00 h. Debido á gran oferta de diversas actividades na zona (feira medieval, Festiletras, teatro, conferencias, premios, etc), esperabamos que as visitan poderían ser numerosas, en cambio, a afluencia ao mesmo estivo próximo a media centena de persoas. Os visitantes que se achegaron ao museo, pertencían na súa maioría á provincia coruñesa, concretamente a Santiago de Compostela ( Bertamirans, Teo, Vedra), Ferrol (Cariño, Pontedeume, Redes) e da Coruña (Culleredo, Cambre, Pastoriza, A Coruña). Os pequenos grupos, nunca alcanzaron as 10 persoas, eran exclusivamente de tipo familiar, ben pais cos seus fillos ou cos avós/ as, que viñan pasar o día, recomendados por outras persoas, para pasar unha mañá ou tarde divertida e lúdica.

A curiosidade da xornada estivo, na doazón que fixo ao MELGA a Panadería “ Toñito” Veo de Ponteceso, máis coñecida como “ Forniños”, que a través do seu fillo Antón, realizou a hogaza (bolo, rosca, molete) máis grande do mundo, cun diámetro dun 1,15 m. e un peso de 15 quilos. Nestes momentos xa se atopa dentro das vitrinas do museo no apartado de xogos de locomoción galegos. Como saben, existía en Galicia a finais do século XIX (1888) na comarca de Tuy (Pontevedra), “a carreira da hogaza” festa-romaría na que varios mozos disputábanse unha carreira de velocidade curta (sobre os 60 metros aprox.) en forma de desafío ou reto. Aquel que resultaba ser o vencedor, concedíaselle como premio unha hogaza de pan de trigo (naquelas épocas só había pan millo ( brona), co peso e diámetro que anteriormente sinalamos. Debemos comentar que o director do MELGA alá polo ano 1955, tivo a sorte de gañar a devandita carreira. Agora, a dirección do propio museo está interesado en recuperar a devandita modalidade atlética para os nosos mozos nos diferentes concursos festivos de xogos e deportes tradicionais galegos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.