O Melga convértese nun plató de televisión para grabar un video da canción “Xogos Populares” do cantautor Luís Vallecillo

Durante toda a mañá de onte luns día 11 do presente mes, o cantautor Luís Vallecillo e o seu corpo técnico de grabación (Xaime e Zeltia) rodaron, máis aló das seis horas, nas salas do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), un curto documental. Na sesión, innumerables tomas das vitrinas con primeiros planos de xogos de madeira, trapo, corda, cartón, etc., así como a práctica “in situ” de xogos que se atopaban nas salas, para gozar dunha sesión de xogos tradicionais galegos, na compañía necesaria e imprescindible de cincuenta nenos e nenas do CEIP. Eduardo Pondal, de entre os 8 aos 11 anos de idade, que a través das súas voces, aprenderon a canción para acompañar en todo momento ao autor. Non só participaron desta forma, senón que levaron a cabo a práctica de moitos xogos coas súas correspondentes habilidades, regulamentos e normas. A axuda por parte do centro, cuestión que xa agradecemos persoalmente a dirección do museo, foi fundamental do mesmo xeito que as profesoras que nos acompañaron.

 

Como se sabe, a canción de “Xogos Populares”, será divulgada polo propio autor, pero tamén o MELGA e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, teñen os dereitos comerciais da súa difusión e promoción.

 

Todos os alí presentes, marcháronse convencidos que se obterá un vídeo promocional cunha excelencia notoria. No momento que se atope montado o mesmo, primeiramente presentarase no centro docente, para que a posteriori, expandilo por todo o concello de Ponteceso e Galicia en xeral.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.