O Melga no CPI O Cruce de Cerceda (A Coruña) nunha xornada de recuperación do xogo tradicional

O Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso desprázase, mañá venres día 21 de decembro, ao CPI. O Cruce do veciño municipio coruñés de Cerceda para organizar, conxuntamente co ANPA, unha “Xornada de Recuperación do Xogo Tradicional”. A sesión será matinal cunha duración de seis horas, de 9,30 h. a 15,30 h, e coa participación integra de todo o alumnado e profesorado do centro docente. O motivo é clausurar o trimestre escolar e celebrar con este festival de xogos e deportes tradicionais galegos as Festas do Nadal. A sesión teórico-práctica desenvolverase nos patios e soportais do centro e se nolo impide as inclemencias do tempo, desenvolverase no polideportivo municipal, que amablemente cede o concello de Cerceda, para levar a cabo devandito evento.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.