O Melga presente na reunión entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Confederación de entidades do Patrimonio Lúdico Gallego

Onte luns 17 de abril pola mañá, nas instalacións do EGAP en Santiago de Compostela, sede da Secretaría Xeral para ou Deporte, os representantes da Confederación de Entidades do Patrimonio Lúdico Galego, foron recibidos pola secretaria xeral Marta Míguez.

Asistiron á reunión os portavoces dos diferentes estamentos seguintes: por parte do sector empresarial Etnoga coa súa presidenta, Carmela Sánchez ; polo sector de Feiras e Exposicións Xotramu, representados polo seu presidente e secretario, José Lombardero e Kiko Darriba respectivamente; polas Asociacións Galegas do Xogo e o Deporte Tradicional e popular, Paco Veiga e Xulio Pérez; polas redes sociais e educación Brinquedia, co seu presidente á fronte Xosé Manuel Barreiro e  Ricardo Pérez e Verdes en representación ás fundacións e museos do xogo e o deporte tradicional.

Despois de case unha hora e media de intenso coloquio e intercambio de pareceres, primeiramente fíxoselle entrega a Marta Míguez, por parte dos representantes, duns extenso documentos cos puntos posibles a tratar e que como resumo podemos especificar nos seguintes: divulgación da Base de Datos en liña sobre o patrimonio lúdico galego; creación dunha biblioteca específica ou un Centro de Investigación do Xogo Tradicional;  revisar e actualizar o Plan Estratéxico confeccionado e abandonado desde hai algún tempo, sobre os xogos e deportes tradicionais en Galicia; creación dun mapa de campos de xogo para estudar e cotejar a realidade da comunidade autónoma; que se tivese en conta o Patrimonio Lúdico nun guión que se está preparando para a TVG e retomar de novo, unha aspiración de todos os amantes dos xogos e deportes populares e tradicionais de crear a Federación Galega de Xogos e Deportes Tradicionais.

A reunión mantida entre ambas as insticuciones, podemos destacar que foi moi cordial e cremos moi fuctífera, xa que por boca da representante da administración, todos os temas ían ter en conta, pois  a súa receptiva sensibilidade sobre os asuntos tratados, parecíanlle de xustiza e recoñecemento cara ao noso Patrimonio Cultural, Lúdico  e Inmaterial de Galicia e que como sempre non caese no esquecemento e no  abandono. O seu compromiso foi  en volver recibirnos prontamente de novo para seguir elaborando a estratexia final.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.