O Melga representa a Galicia en Mechelen/Bruselas (Belxica)

Durante este fin de semana, do 6 ao 8 de xullo, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), desprazáronse a Bélxica, concretamente á cidade de Mechelen ( Malinas)/ Bruxelas, o único representante de Ponteceso e de Galicia, na XVII Asemblea Xeral, Congreso e Festival da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais. A representación correu a cargo do presidente/director das entidades e acompañáballe a vicepresidenta do padroado da Fundación Lola Roel.

 

Todas as actividades programadas durante os días citados, foron desenvolvidas no magnífico Museo do Olimpismo Belga, chamado SPORTIMONIUM. A Asemblea e o Congreso levaron a termo na sala Victor Boin, denominada así, en honra do subcampión olímpico belga de esgrima na Olimpíada de de Anveres de 1920. O festival de xogos e deportes flamencos, desenvolvérono os clubs máis representativo de Bélxica, no gran parque/bosque con máis de 200.000 metros cadrados onde se atopaba un enorme lago para realizar as diferentes modalidades de natación, canotaje, remo, etc. Toda a organización do magno acontecemento correu a cargo dos clubs da Federación de Xogos e Deportes Tradicionais de Flandes ( VLAS). Non faltaron o Krulbol (Bóla rodante), Gaaibol (birlos), Buksschieten (tiro con arco ou arcabuz ou ballesta), Kegelen (birlos), Kaatsen (pelota), Katapultschielten ( tirabalas), etc…

 

Melga en Mechelen

 

En canto á participación por países procedían de Francia (Bretaña, Languedoc e Picardía), Italia(Val de Aosta, Verona e Toscana) Romanía, Eslovenia, Croacia, España (Galicia, Madrid, Vascongadas, Valencia, Baleares, Canarias, Cataluña, Castela-León, Aragón, Cantabria e Asturias), Portugal, Chequia, Rusia e Hungría. Como comentamos con anterioridade, o MELGA e a Fundación foron o único representante de Galicia, xa que Brinquedia e a Asociación Galega de Xogos e Deportes Tradicionais, membros da asociación europea, non puideron ir por motivos profesionais e persoais á devandita cita. A todos os asambleistas, congresistas, xogadores e entidades alí representadas, pola nosa banda, fíxoselles entrega (en castelán, francés e inglés) de folletos do MELGA, catálogos turísticos do Concello de Ponteceso e libros específicos da Xunta de Galicia das súas contornas e lugares mais destacados da nosa comunidade autónoma.

 

As accións para realizar no próximo ano 2019, concedéuselles por unanimidade á candidatura da cidade de Pollein – Val de Aosta (Italia) como sede para a organización da Asemblea Xeral, Congreso e Festival de verán, entre os días 30 de maio ao 2 de xuño-19 e a reunión do Consello de Administración concedéuselles á federación de birlo vaqueiro de Asturias, para os días 8 e 9 do mes de decembro -19. Na asemblea tratáronse diversos temas como os 9 proxectos que estamos a levar a cabo, orzamentos, revista da asociación, recoñecementos individuais e colectivos, redes sociais, etc. Presentáronse e admitiron catro novos membros da asociación, neste caso, CESKO- Morausky Prek de Chequia, Fundación Birlos de Cantabria (Santander-España), Federación de loita- garrote canario (Canarias-España) e a Federación de Gouren (loita Bretaña) de Francia.

 

A visita ao gran Museo da historia do Xoguete de Mechelen, o mellor do mundo, cos seus 10.000 metros cadrados onde se albergan máis de 20.000 pezas dun valor incalculable, grazas a 7 coleccionistas da cidade, achegaron pezas orixinais que doaron á cidade para expoñer esta magnífica colección, foi unha das actividades máis recordables así como o Sportimonium, que en canto ao deporte olímpico dos heroes belgas, deixaron os seus recordos para a posteridade, aloxando nas súas vitrinas as súas indumentarias, as súas medallas, os seus obxectos deportivos máis entrañables, coleccións das súas afeccións, etc. etc.

 

Pola nosa banda, non podemos deixar tal ocasión para dar a estes dous recintos a categoría de “únicos e excepcionais”. Sen dúbida, calquera persoa que se atope situado no mundo do xogo e do deporte tanto tradicional, popular ou moderno, non poderá deixalo pasar por alto e facer un alto no camiño e gozar dunhas cantas horas nos devanditas templos de cultura lúdica deportiva.

 

Leave A Comment

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.