O Presidente da Peña Trevinca Montañeros de Vigo visita o noso Museo

O sábado pasado día 12 de setiembre, o presidente do Club Pena Trevinca Montañeiros de Vigo Carlos Garrido e o seu vicepresidente Manuel Pérez coas súas respectivas esposas Rosa Ferreira e Concepción Iglesias, en xornada matinal visitáronnos por primeira vez o noso Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso.

O motivo da visita non foi outra que o coñecer o MELGA a través do noso director do centro, cunha visita guiada e ao mesmo tempo, aproveitar a vinda a Ponteceso, para facer a entrega do material prestado (esquíes, escalas, bastóns, piolets, botas claveadas, bastóns diferentes épocas, carbureros, cocinillas, etc.), conservados e expostos nas nosas vitrinas museísticas, para a exposición dos 75 anos da creación do seu club de alpinismo e espeleología e que a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, achegáralles á mesma.

Unha mañá completa sobre a historia do mundo lúdico en xeral e en especial do montañismo, alpinismo e a espeleología mundial, española e galega. Unha xornada de intercambio de coñecementos entre os nosos visitantes e o noso director.

Temos que comentar, así nolo transmitiron, que a súa visita fora moi sorpresiva, inesperada, gozada, cultural, recreativa e enriquecedora, todos os ingredientes para que o presidente Carlos Garrido comprometérese a realizar unha excursión masiva cos seus socios (nenos e adultos) para visitarnos, pero…cando esta pandemia abandónenos. Así que os esperamos gustosos para cando a ocasión sexa propicia.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.