Os xogos e deportes tradicionáis galegos co Melga inundan a Praza del Recheo de Ponteceso

Onte luns día 10 de setembro, Día Grande da Festas da Barquiña de Ponteceso, os nenos e nenas así como mozas, adultos e persoas maiores da vila bergantiñá, levaron a cabo un encontro lúdico, con motivo do I Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos. A organización do evento, dedicado ao “Día do Neno”, estivo a cargo do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, a ASOC Eventos de Ponteceso e grazas ao patrocinio do concello de Ponteceso, a Deputación da Coruña e o departamento de Patrimonio, Educación, Biblioteca e Política Lingüística que rexe o concelleiro Carlos Penedo, púidose desenvolver esta xornada, de animada recreación e entusiasta alegría.

A localización dos 25 xogos presentados a todas as persoas interesadas, estiveron baixo teito na recentemente inaugurada cuberta da praza do Recheo. Non faltaron os xogos de mesa como o muíño, pai-nai-fillo a catro; alquerque a 9, baleros, cunitas de gato, tabas, castelos de mazorcas e pinzas, peonzas, etc…., así como os xogos de exterior e interior dos buracos, as casas, o pau, a pesca, a ra, o zurriagazo, as chancras, os zancos, a volta ciclista de chapas, etc.

Para ser a primeira vez que se realizaba dita actividade (polo MELGA), foi un gran éxito tanto en participación como en espectadores, logrando en moitas momentos completar o aforamento da pista cuberta ao completo, tendo que facer quendas nalgún dos xogos programados. Non faltaron membros da corporación municipal que cos seus fillos e fillas, retaban ás súas vástagos a competir con algunha ” ventajilla prevista”. Tamén tivemos a presenza do alcalde Lois Carballido, que coa súa familia, departiu algúns momentos de diversión e satisfacción sobre a pista de prácticas.

A sesión completa tivo unha duración de catro horas de entretemento, paixón e alegría. Estamos seguros que co acontecido, xa estamos a preparar novos xogos e algún deporte galego para as próximas Festas da Barquiña de Ponteceso.

Leave A Comment

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.