Parada en Ponteceso para realizar unha visita guiada multicomunitaria española

Aínda que os visitantes que se achegaron ao MELGA este martes 14 de agosto, viñan realizar unha visita xeral (pola súa conta) cos seus familiares, finalmente a mesma rematou nunha visita guiada para máis de medio centenar de persoas (turistas) que desexaban coñecer este recente museo, situado no concello de Ponteceso.

O grupo final confeccionouse, cos integrantes vindas de varias comunidades españolas, sen coñecerse entre eles, xa que a casualidade atopáronse no museo ao mesmo tempo e aproveitando que o director se atopaba na instalación, solicitáronlle se era posible realizar unha visita guiada na súa compañía. Aínda que non estaba prevista, xa que hai que solicitar as visitas guiadas con 15 días de antelación con cita previa, o guía do museo aceptou con sumo agrado dita proposta.

Os compoñentes deste grupo tan variado, pertencían ás comunidades de Madrid, Canarias, Vascongadas, Estremadura, Cataluña, Castela-León e Galicia. As súas residencias atopábanse nas devanditas autonomías, aínda que algúns deles tiñan vínculos familiares coa nosa terra galega (nai ou pai galegos, avós galegos, curmáns galegos,…).

Durante as tres horas de percorrido polas salas expositivas, todos os asistentes participaron nun constante intercambio de coñecementos, comentando os nomes dos xogos en cada unha da súa zona, as normas dos mesmos, materiais de confección, localización dos mesmos, anécdotas, etc. Se o tempo permitísenolo, a visita sen dubidalo, prolongouse en moitas máis horas de convivencia e conversación.

Ao final do traxecto da visita, chegouse a un entendemento tal, que moitos quedaron para atoparse nalgún lugar para proseguir a temática da xornada, intercambiándose algúns deles os seus cartóns de visita. Tanto nenos, adultos, como persoas maiores agradeceron enormemente, o tomar a decisión (acerto) en coñecer o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, para gozar dunha xornada diferente en familia nas súas vacacións estivais e dita proposta sería trasladada a todos os seus amigos e familiares por ser indispensable e recomendable entre os lugares a visitar en Galicia.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.