A Peña Ciclista Leboreira e o Melga únicos representantes de Galicia na V Ruta Nocturna de Bicicletas Clásicas de Esposende (Portugal)

Este fin de semana o presidente do MELGA, desprazouse a Esposende (Portugal) como convidado á V Ruta Nocturna de Bicicletas Clásicas. Nesta ocasión o Club Ciclista Pena Leboreira do municipio de Pontedeume (A Coruña), a través do seu presidente Daniel Cendán, tamén estivo convidado pola organización, do grandioso acontecemento. O de grandioso, como cualificativo, non é  esaxerado xa que poñendo un exemplo da mesma ruta programada polo MELGA nas festas da Barquiña (12 de setiembre) no concello de Ponteceso, ata a data, e imos na terceira edición, nunca superamos as 50 persoas, en cambio á convocatoria que nos estamos referindo, excederon as 500 ruteros clásicos. Non faltaron as indumentarias da época, como o carteiro, a monxa, o cura, o señorito, a serventa, dama de compañía, o cazador, o fotógrafo, o garda civil, etc. e as bicicletas antigas, orixinais e restauradas,  Ye-ye, Orbea, Honra, as Pasteleiras, BH, Orbita, Coluer, Gimson, Derbi, etc., todas elas anteriores aos anos 50, aínda que algunhas houbo dos sesenta.

O novo da xornada  foi que, facíase en horario nocturno. O inicio da mesma, despois dos lumes de artificios, deu comezou ás 22,00 h. da noite, cuxo percorrido foi o seguinte: saída desde Marinhas pasando por Esposende  e chegando a Fao onde se fixo unha parada de avituallamiento, deleitándonos con viandas da terra así como dos doces da zona e animados por un grupo folclórico de acordeóns. O regreso foi de maneira inversa, Fao, Esposende e Marinhas. O percorrido en total supuxo uns 25 quilómetros, iso si, sen ningunha costa no mesmo cousa que se agradece, xa que o terreo do municipio é totalmente chairo. A través das dinamos de carburo, lanternas e faros correspondentes, o paseo marítimo, as dunas, as construcións, as praias e prazas do municipio, foi espectacular e asombroso a noite en Esposende.

Cara á unha e media  da madrugada iniciouse a cea con todos os participantes no amplo comedor da Escola Básica de 2º e 3º Ciclo de Marinhas, amenizados con música e cantares  portugueses  en directo. A continuación unha sesión de fados nas sobremesas. Sendo as cinco da madrugada deuse por finalizado devandito evento popular da V Ruta Nocturna de Bicicletas Clásicas de Esposende (Portugal).

Como remate final desexaría resaltar a excelente organización da xuntanza festiva-deportiva,  tanto a nivel técnico da proba, así como en todo o referente á infraestrutura (obsequios, manutención, atención en ruta, mecánica, etc).  Parabén! e estamos seguros que o próximo ano,  alí estaremos de novo, na nova cita. Pola nosa banda realizamos a consecuente invitación e intercambio, para que moitos dos participantes, visitásennos en Ponteceso na nosa ruta programada polas festas da Barquiña. O seu compromiso foi inmediato e gustosos de poder estar na nosa compañía, alá polo próximo mes de setiembre.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.