Penúltima xornada de persoas mayores del Ayuntamiento de Oleiros al Melga de Ponteceso

Ao redor de setenta persoas maiores do concello de Oleiros (A Coruña), o sábado pasado día 23 de xuño do presente mes, por quinta vez na súa cita vespertina das 16,30 h., citáronse no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso para realizar unha visita guiada na súa penúltima xornada por este ano 2018. Os visitantes estaban entre os 65 e 92 anos de idade e pertencían nesta ocasión ao municipio de Oleiros e á parroquia de San Pedro de Nos, aínda que algúns veciños residentes en Oleiros, procedían de Lugo, Ourense e Pontevedra. Como de costume, foron sempre atendidos e acompañados, en todo momento polos seus catro monitores/guías, realizando un esmerado coidado con todos eles dignos de destacar. Aínda que a visita foi curta como a maioría das veces, sacouse moito proveito e satisfacción, tanto na parte teórica como na práctica. Só púidose presenciar a primeira sala do museo, aínda que neste caso, con profundidade e intensidade, e gran interese e colaboración, chegando a transmitirnos por algún dos visitantes, o ofrecemento de pezas ou obxectos persoais lúdicos para doalos ao MELGA para a súa exposición futura.

Tamén achegaron coñecementos para os nosos traballos de investigación lexicográfica, por exemplo, a palabra “ pin-plano” da zona de Becerreá (Lugo), transmitida por dona Mary Bolaño de 82 anos, que así lle chamaban no seu pobo á mariola. Como sorpresa de final de sesión, os guías da expedición, obsequiaron ao MELGA, cunha cunca de porcelana, co anagrama do oso dos senderistas do grupo. Finalmente unha señora de 92 anos, achegouse ao director do museo, emocionada e chorosa e coa voz entrecortada, porque segundo comentounos, fora unha sesión inesquecible e sobre todo por facela regresar a un pasado que nunca volverá e que foi tan intensamente ditosa na súa infancia.

Leave A Comment

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.