Por primeira vez, o folclore tradicional galego, visita o Melga

Esta mañá de domingo 11 de marzo, a Asociación Cultural Xacarandaina da Coruña, cun grupo composto de preto de medio centenar de asociados, músicos, bailaríns, novos, adultos, pais, nais, avós e avoas, realizaron unha visita turística polo concello de Ponteceso, sendo o eixo central da súa xornada cultural-lúdica a visita ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), ademais de habérselles programado unha visita á Fundación Eduardo Pondal, Ruta Pondaliana (polo mal tempo suspendeuse) e ao Dolmen de Dombate de Cabana de Bergantiños. O colectivo asociativo viño acompañada pola súa presidenta Cristina Rodriguez y como coordinadora de la actividad Patricia Gómez Uzal.

Despois de case tres horas de percorrido polas salas do museo escoitando as explicacións do guía, exercitándose en xogos tradicionais de Galicia, así como doutras comunidades españolas e europeas, non faltando en moitas ocasiones xogos en familia, piques por idades, busca do xogo perdido, etc. Unha mañá diferente, no descanso dominical dos seus ensaios de danza, baile, coral e música semanais. Despois de finalizada a visita a asociación partiu para un restaurante de Ponteceso, para repoñer forzas para a sesión da tarde que se aveciñaba, visita á Fundación Eduardo Pondal no Couto e seguidamente desprazáronse a Cabana de Bergantiños para coñecer o Dolmen de Dombate.

Como curiosidade entre os visitantes atopábanse 2 nenos de 11 meses e unha nena de 2 aniños. O comentario final sobre eles foi que, deberon estar moi entretidos, xa que non deron a “lata” en ningún, dos moitos minutos, que estiveron no museo, aínda que non perderon o bo costume de realizar as pausas correspondentes para as súas “tomas” alimenticias. A Asociación Cultural Xaracandaina tivo palabras de agradecemento cara á entidade museística e tratouse de traballar no futuro, entre ambas as institucións, para seguir investigando sobre os costumes, folclore, os xogos, os entretementos, etc. e coñecer moito máis en profundidade o noso rico patrimonio cultural e inmaterial.

One Comment

  1. Ines Manteiga-Reply
    Luns Marzo 12th, 2018 at 05:22

    Moitas grazas de novo a Ricardo Pérez pola interesante e divertida visita ao Melga, un museo distinto a calquer convencional.
    Moi recomendable para visitar coa escola, coa túa asociación, con amigos ou en familia.
    Volveremos! Ata pronto!

Leave A Comment

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.