Por sexta vez o Colexio Andaina coruñes volta ao Melga

O colexio privado coruñés CPR Andaina Sociedade Cooperativa Galega visitounos onte (cunha vintena de alumnos e alumnas de 5º B de primaria), mércores día 19 do presente mes de maio, en xornada matinal de 10,30 h a 14,00 h. Todos os discentes de 11 anos de idade viñan acompañados da súa titora Elisa Muñoz (coordinadora do grupo) e a súa profesora de educación física Rocío Durán, exalumna do noso director do MELGA.

Mais de tres horas e media durou a visita polas dúas salas do museo, recibindo instrucións e coñecementos do guía e practicando os diversos xogos aplicativos que a organización expuxo para tal ocasión. Tanto docentes como discentes pasaron unha sesión moi divertida, intensa e moi frutífera en coñecementos. Un grupo “esponxa” interesados na etapa da Idade Media, pois neste trimestre nas aulas trataron esta etapa e como suplemento ao seu saber, gozaron sobre os xogos do medioevo. Un complemento ideal.

Durante os xogos desenvoltos os alumnos/ as Sofía Álvarez, Elena Suarez e Alex Vázquez bateron a mellor marca no xogo de “ chancras” deixando o crono en 21, 41 segundos a volta á pista de atletismo do museo. A gañadora da visita co maior número de preguntas acertadas durante toda a visita, a colección de peonzas, buxainas, perinolas e perindolas foi para a alumna de 11 anos Sofía Álvarez Martínez.

A continuación da visita guiada o grupo desprazouse ao Monte Blanco e xantaron no Piñeiral de Balarés. Sobre as 16,00 h. partiron para o colexio, dando por finalizada unha xornada especial e diferente ás saídas extraescolares programados neste ano pandémico.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.