Primeira concentración de Clubes Seat 600 de Galicia no Melga

O vindeiro domingo día 25 de novembro do presente ano 2018, se congrerarán, desde as 11,30 h. da mañá, no aparcadoiro do Centro Cultural/ MELGA de Ponteceso, os clubes SEAT 600 de Galicia, para ao mesmo tempo, realizar unha parada obrigada cunha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia.

Anteriormente e posteriormente todos os compoñentes da expedición gozarán dun percorrido polas poboacións adxacentes do concello de Ponteceso, así como a contorna paisaxística e monumental do municipio pondaliano.

Tamén se efectuará unha exposición de todos os vehículos no Recheo de Ponteceso, onde se poderán admirar estes “cacharros inesquecibles” e cariñosamente chamados “ Pelotillas”, creados no ano 1957.

Oportunidade única de ver cos teus propios ollos, unhas xoias automobilísticas que moitos propietarios gardan como ouro en pano. Nestes momentos están inscritos 36 participantes, pero esperamos que nesta semana apúntense algún máis e sobre todo da nosa zona da Costa da Morte.

O MELGA, A Fundación e o Concello de Ponteceso están asesorados neste evento polo presidente Luís Chantrero do Clube 600 de Galicia da Coruña.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.