Primer grupo de la provincia de Pontevedra que se suma a las visitas guiadas

A Asociación Brincadeira do concello de Meaño, tivo o privilexio de ser o primeiro grupo en visitar o MELGA desde a súa inauguración, fai xa tres anos, da provincia de Pontevedra.  Os trinta e moitos nenos e nenas que participaron nesta visita guiada, o pasado venres día 21 do presente mes de xullo, atopábanse realizando unha quenda do campamento urbano estival que realiza o concello antes citado e que como saída (excursión) excepcional planificada do mesmo, achegáronse a Ponteceso para visitar durante case máis de tres horas, un percorrido polas salas do museo pontecesán. As idades dos visitantes atopábanse entre os 7 a 9 anos e todos eles acompañados polas súas monitoras Lorena Castro e Berta Buezas que asumía a responsabilidade do grupo.

O seu paso polo MELGA  deixoulles impresionados, contentos e ilusionados, segundo Berta,  “ Que seguro que lles contarán infinidade de anécdotas ás súas familias en canto cheguen a casa, pois llo pasaron “chupi”  retándose en moitos xogos e deportes durante a estancia no museo e coñecendo xogos que para moitos deles eran descoñecidos”  Despois da visita aproveitaron para desprazarse ás contornas do Monte Branco, praia de Balarés e a vila de Corme. Unha completa xornada de interese cultural, lúdico e turística. Aos vencedores dos diversos xogos practicados, por parte da dirección do museo, fíxoselles entrega dalgúns xoguetes de colección tradicional. Benvidos ao mundo lúdico do MELGA!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.