Rematan as visitas guiadas ao Melga de Ponteceso hoxe derradeiro día de agosto

Pechouse esta mañá de venres 31 de agosto a tempada de visitas guiadas deste ano 2018. Clausuraron dita sesión matinal os nenos e nenas do campamento urbano “Concilia no verán” que a concellería de Servizos Sociais do concello de Ponteceso, programou moitas actividades durante esta etapa estival e finalizando coa visita ao MELGA, auxiliados pola monitoras Marta Pena, Alba Santiago e Trini Castiñeira, ademais de moitos pais e nais, que lles acompañaban. Os case 40 campistas que visitaron o museo atopábanse entre os 4 e 12 anos de idade e procedían de Corme e Ponteceso.

Debido ao pouco tempo dispoñible para a visita, durou unha hora e media, só púidose facer o percorrido ao completo da primeira sala, a de xogos e deportes tradicionais. Participación total e moito interese, aínda a propósito que moitos deles xa era a segunda vez que viñan ao mesmo, cos seus respectivos colexios. Aqueles xogos que non puideron realizarse, o director do MELGA, emprazou a todos para o luns da Barquiña (Ponteceso) e o día dos Remedios (Corme) para pasar unha xornada de tarde nas prazas respectivas das vilas bergantiñán.

Grata foi a presenza durante a visita guiada, da concelleira de Servizos Sociais Isabel Vuelta, o seu departamento foi a patrocinadora do evento, que durante un tempo, aínda que curto, gozou con todos os asistentes das explicacións que alí se relataban. Tamén hai que destacar que o rexedor do concello Lois Carballido estivo entre nós. A xornada clausurouse coa entrega de diplomas, por parte dos dirixentes mencionados, a todos os participantes no evento “Concilia no verán” de Ponteceso de 2018

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.