Sesión lúdica vespertina do CEIP Juan Fernández LaTorre de A Coruña

Máis de cincuenta alumnos/as do CEIP. Juan Fernandez Latorre da Coruña, onte mércores 14, realizaron por primeira vez, unha visita guiada ao MELGA de Ponteceso. Os discentes eran de 4º de ensino primario (9 e 10 anos) e estiveron acompañados polas profesoras Dores Mantiñan, Elena Vidal e como responsable do grupo Soidade Garrido.

Despois dunha mañá intensa de visitas realizadas polos arredores de Buño-Malpìca e Cabana de Bergantiños, os excursionistas desprazáronse a Ponteceso para gozar e coñecer Corme, Balarés, a Pedra da serpe, a Casa Pondal, paseo fluvial do Anllóns e finalmente, sobre as 16,00 h. recalaron no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Con só unha hora e media de visita guiada, pois non dispoñían de máis tempo, todos os asistentes puideron soamente coñecer e practicar xogos tradicionais galegos da primeira sala, xa que a segunda foi imposible  visitala, aínda que quedou en “standby” para un “inmediato” regreso de novo para coñecela.

Aínda que o grupo tivo algunhas dificultades, por contar con alumnos/as especiais, o cómputo xeral da visita guiada foi moi positiva, atractiva e lúdica, tanto a nivel teórica como práctica, segundo comentaron as profesoras e algúns alumnos/as, pero…cortísima e incompleta.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.