Tercer aniversario da inauguración do Melga de Ponteceso

Tal día como hoxe, un venres 27 do ano 2013 ás seis da tarde, inaugurábase no Centro Cultural do Concello de Ponteceso, un Museo Etnolúdico en Galicia, baixo o acrónimo de MELGA. Unha gran carpa, no exterior do recinto, serviu para oficializar a cerimonia de inauguración, presidida polo alcalde José Luis Fondo,  o delegado provincial Manuel Varela, a deputada Zaira Rodríguez e o presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e director do museo. Asistiron ademais ao multitudinario acto inaugural, diversas autoridades da zona atopándose entre elas, os alcaldes de Laxe, Malpica, A Laracha e Coristanco e coa presenza de máis de 300 persoas convidadas, entre veciños e numerosos amigos dos presentes.

O que parecía un soño imposible de levar a cabo, despois de tantos anos de esforzo, traballo, dedicación e de moitos avatares e contratempos, hoxe aquilo fíxose realidade e xa estamos a celebrar tres anos do noso nacemento, (que se di moi pronto e que moitos daban por un reto errado desde o primeiro momento, xa que na zona así ocorrera con outras entidades semellantes), dun pequeno e humilde centro museístico lúdico-cultural, como referente no mundo (único no mundo), da historia dos xogos e os deportes tradicionais a través dos tempos.

Moitos logros realizáronse, pero outros aínda están en “standby”, aínda que estamos seguros e esperamos cumprir nos sucesivos anos da nosa existencia. Espéranos aínda o crear, a escola de monitores, un parque temático lúdico, centro de documentación, merchandissing, etc. pero en cambio se se conseguiron o contar cun amplo lugar de exposición, , dar a coñecer o centro, un parking, un campo de xogo exterior, materiais diversos para as prácticas docentes, biblioteca temática e audiovisual, unha web, etc. pero abrigo que nestes dous anos e medio (xa que ata abril non se abriron as portas definitivamente ao público en xeral) visitáronnos numerosísimas institucións públicas e privadas, alcanzando algúns milleiros de visitantes.

Felicidades ao MELGA e á súa Fundación Ricardo Pérez e Verdes e desexarlles “que cumpran moitos anos máis” en beneficio e posta en valor do noso legado patrimonial lúdico galego.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.