Un grupo de APEM de Ceé visitanos por primeira vez

Na mañá de hoxe venres-13 de agosto tivemos a oportunidade de recibir no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), un grupo de 20 persoas, da Asociación Pro Enfermidades Mentais (APEM) de Cée, acompañados do monitor Ramón Ramos e da integradora Vanessa Mantilla que coordinaba a actividade, para realizar unha visita guiada ao noso museo.

Os visitantes, tanto mulleres como homes, que compoñían o grupo eran todos adultos, entre os 30 e 65 anos, cada un deles coas súas disfuncións diversas. Durante máis de dúas horas de percorrido por ambas as salas, todos escoitaron atentamente as explicacións do guía e practicaron moitos dos xogos adaptados, que se lle habían planificados. Un grupo excepcional, participativo e interesado naquilo que se lles transmitía. Podemos comentar que moitos dos visitantes, desexaban repetir e volver repetir unha e outra vez os xogos tradicionais planificados. Moitos dos mesmos eran descoñecidos para eles, pero adaptáronse magníficamente. A maioría deles comentaban: Que divertido! Estou a pasalo xenial! Que bonito é este museo! Como mola! Unha mañá extraordinaria e moi enriquecedora.

Como nota destacada da xornada, temos que transmitir que algúns dos visitantes foran os artífices dun dos Murais de Azulexo expostos no campo exterior de xogos da Casa da Cultura de Ponteceso. Aínda que algúns dos visitantes non se acordaban de realizar o traballo de cerámica, algúns levaron unha sorpresa e ao mesmo tempo unha alegría o velo alí exposto. Como é de supoñer, a votación foi un pouco dirixida, pero… os importante era votar e participar. Unha sesión entrañable.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.