Un grupo de exalumnos dos Maristas de A Coruña visitaron o Melga de Ponteceso

Os integrantes da promoción 1974-75, preto dunha trintena, dos irmáns Maristas da Coruña, este sábado pasado desprazáronse a Ponteceso, con motivo de organizar un reencontro especial para a zona pondaliana, que concluíu nunha visita guiada matinal ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Entre os asistentes atopábanse o parlamentario Aurelio Núñez e o escritor e articulista da prensa escrita José María Noguerol.

O encontro cultural-lúdico-gastronómico e gandeiro foi organizada e planificada por Xusto Sánchez Varela, pontecesano, exalumno e ao mesmo tempo propietario da “Devesa Langueirón” (Ponteceso), que como se sabe, posúe unha das mellores explotacións gandeiras de produción de leite da nosa comunidade autónoma.

 

Un grupo de exalumnos dos Maristas de A Coruña visitaron o Melga de Ponteceso

 

A mañá foi dedicada integramente á visita guiada polas instalacións do MELGA, que nesta ocasión estivo dirixida pola profesora doctoranda Manuela Vázquez Coto, que fixo a suplencia do noso director, xa que o mesmo atopábase fóra do país. Aínda que a visita foi frutífera e moi aproveitable, a mesma reduciuse un tempo importante xa que desexaban realizar moitas outras actividades en @dicha única xornada. Aínda que constatou o organizador da sesión, que como “ausentados” algúns compañeiros, repetirían de novo a visíta pero ao completo.

A continuación, sobre as 13,00 h. todos os compoñentes dirixíronse en autobús desde o MELGA, á Devesa Langueirón, onde gozaron das explicacións de Xusto Sánchez, e ao mesmo tempo aproveitaron a xentileza do propietario, para saborear o excelente produto lácteo da súa explotación gandeira. A todos os visitantes fíxoselles entrega, por parte de Xusto, duns produtos lácteos para o seu deleite. Para finalizar, non podía faltar a parte gastronómica e todos eles comeron opíparamente as delicias da terra, que lles prepararon os cociñeiros/ as da Casa Rural O Fontán en Tella-Ponteceso.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.