Un grupo numeroso de alumnos/as dun centro escolar coruñés visita o MELGA de Ponteceso

Esta mañá, xoves 7 de abril do presente ano, visitounos un grupo numeroso (preto de oitenta (80) persoas) para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso. O grupo correspondía ao centro docente coruñés das Hijas de Cristo Rey de Oleiros (A Coruña). Todos eles eran de 5º e 6º de primaria de infantil e as súas idades comprendidas entre os 10 e 11 anos de idade. Viñan acompañados polos seus titores: Jaime Timiraos, Carolina Martínez (Profesora de E. Física e ex-alumna do noso director) e Vitoria Rodríguez (Xefa de Estudos) de era a representante da excursión da actividade

Con motivo da pandemia e as súas circunstancias transversais, devandito centro non se puido desprazar ata a data, pois a súa última visita correspondía ao mes de marzo do 2018. Case catro anos de ausencia. Nun principio esta xornada ían visitar cento cincuenta (150) persoas, pero polas restricións anteditas, tomouse a decisión de dividir a xornada en dúas sesións, unha a de hoxe e outra para o próximo día 22 do presente mes.

A visita guiada foi dividida en dous subgrupos de 20 nenos e nenas, desenvolvendo un dos grupos actividades prácticas na segunda sala e o outro subgrupo na primeira sala coa parte teórica. Finalizado o tempo de cada un deles, rotaron de posición de sala. Como cabía esperar a segunda sala quedou un pouco “colla” na parte teórica, pero en cambio na parte práctica desenvolveuse con gran amplitude. Unhas excelentes clases para poñer en valor o Patrimonio Lúdico e Cultural de Galicia polo seu gran interese e paixón na súa maioría polo xogo tradicional de todos os visitantes.

Debido ao día chuvioso, do mesmo xeito que a última visita do 2018, non puideron executar toda a excursión coas visitas turísticas programadas, por tal motivo habilitóuselles a Biblioteca Municipal de Ponteceso para repoñer forzas cun tentempé. Queremos destacar o ofrecemento e autorización do alcalde do Municipio, Lois García Carballido, que moi xentilmente, deunos o permiso correspondente para adaptar a instalación (biblioteca), para que os profesores, nenos e nenas do centro docente, puidesen xantar baixo cuberto. Sobre as 15, 30 h. da tarde regresaron en autobús cara ao veciño municipio de Oleiros (A Coruña), onde está situado o colexio privado.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.