Un mes de xulio espectacular de visitas ao Melga de Ponteceso e un comezo de agosto pola misma senda

Podemos considerar, sen erro a equivocarnos, que este verán de 2018 pode ser un dos máis importantes en canto a visitantes particulares recibiu o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) dende a súa inauguración oficial do mesmo, alá polo ano 2013. Con iso, non só estámonos referindo a este apartado exclusivamente, senón tamén ás visitas guiadas de grupos de campamentos, de empresas, familias e de amigos.

Cremos que o boca-boca está a funcionar á perfección, pois moitos das persoas que nos visitan coméntannos que a cita foi a través deles, por internet e sobre todo polos nenos que xa viñeron cos seus centros docentes e regresan de novo cos seus pais e amigos.

 

Visita privada al Melga

 

Este primeiro sábado de mes de agosto (día 4), o museo viuse desbordado pola cantidade de persoas que deixaron un momento as areas da praia para desprazarse cos seus achegados máis próximos para realizar a visita, segundo eles pendente e prometida desde facía tempo. Tamén tivemos a un grupo, que solicitara con case un mes de anticipación, unha visita guiada desde as 11,00 h. ata as 14,00 h. que os seus membros pertencían a directores de varios institutos de secundaria e a persoal da Universidade, todos eles da cidade da Coruña. A estes, uníronse varios matrimonios cos seus vástagos, procedentes da comunidade de Estremadura e de Madrid.

É interesante observar que, día a día que pasa, o MELGA ten máis seguidores e un recoñecemento por moitas xentes deste país, que cren que Ponteceso, berce de Eduardo Pondal, posúe un gran activo máis e unha cita indispensable e “obrigada”, que non deben deixar de coñecer, tanto pola maioría de pequerrechos e por moitos maiores, dentro das posibles xornadas programadas de vacacións pola Costa da Morte e que se acheguen pola comarca de Bergantiños. Gracias por la confianza y difusión depositada en nosotros.

Leave A Comment

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.