Un numeroso grupo de alumnos do CEIP María Pita de A Coruña visitan o Melga de Ponteceso por primeira vez

Esta mañá de luns 4 de xuño, mais de oitenta alumnos do CEIP. Maria Pita da Coruña, visitaron, por primeira vez, o MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia). O grupo que foi moi numeroso, conformábano nenos e nenas de 3º e 4º de ensino primario (8-9 anos) e estaban acompañados polas súas profesoras titoras Alba Rivas, Davinia Tomei e Patricia Bao que actuaba como promotora da visita e coordinadora do grupo.

A sesión teórico-práctica levada a cabo, foi inmensamente intensa e extensa, pois aínda sabendo das dificultades do grupo, pola súa cantidade de membros, non deixaron de interesarse por todo explicado, pero sobre todo, o seu interese pola parte competitiva dos xogos. A pena era, segundo comentaban os propios alumnos, que non tivesen máis tempo para continuar toda a tarde xogando e coñecendo os xogos e deportes tradicionais de Galicia e do mundo. As profesoras en certos momentos animáronse a competir en diferentes xogos contra os seus alumnos, facendo visible a súa integración na sesión lúdica. Outro feito destacado foi que entre o alumnado atopábase un neno xordo e podemos dicir que foi o que máis se entusiasmou con todo o realizado e ata nalgún xogo foi o vencedor. Segundo a súa coidadora, informounos, que lle comentaba que para el, fora un gran día recreativo e inmensamente feliz e ditoso. Esa é, sen dubidalo, a nosa compensación diaria ao traballo e labor realizado e orgullo de facer feliz á xente a través dos xogos e deportes tradicionais.

Leave A Comment

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.