A Universida da Coruña visítanos

Ao redor de cento vinte (120) alumnos e alumnas de Grao de primeiro e terceiro curso de Historia da Actividade Física e o Deporte e Xogos e Deporte aplicados á Educación Física da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF-Galicia) da Universidade dá Coruña, coordinados pola súa profesora María Castillo, visitaron no día de onte xoves o MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia).

Unha xornada matinal de tres horas, onde se respiraba un gran ambiente competitivo, lúdico e deportivo, xa que os visitantes eran os futuros docentes, cando finalicen a súa gradación,  en impartir a materia de Educación Física e Deportes en todos os colexios privados e institutos públicos de toda a comunidade autónoma de Galicia. O interese e participación desbordado polos alumnos/as foi en todo momento excepcional. Como novidade da sesión foi, que cada un deles, tivo que preparar un traballo obrigatorio consistente en seleccionar un xogo tradicional dos alí expostos e elaborar un traballo de campo sobre o mesmo, para a súa presentación e avaliación das materias respectivas.

O grupo non só compoñíase de galegos, senón que había alumnos/as doutras zonas, a saber, das illas Baleares (Mallorca e Eivissa), de Asturias (Xixón e Oviedo), de Cantabria (Santander), das Vascongadas (Bilbao e San Sebastián), de Cataluña (Barcelona e Xirona), de Castela e León (León e Zamora), de Estremadura (Cáceres), de Andalucía (Córdoba), de Brasil (Sao Paulo) e de Portugal (Coimbra e Porto). Como era de supoñer, para estas xóvenes rapazas e rapaces de entre 18 y 25 anos, futuros profesionais do ramo, a sesión teórico-práctica pareceulles  demasiado curta e moi instructiva.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.