V Ruta de Bicicletas Clásicas de Ponteceso

A segunda actividade lúdica das Festas da Barquiña de Ponteceso, do presente ano, será de novo organizada, para o domingo día 09 de setiembre, pola Fundación Ricardo Pérez e Verdes e a Comisión de festas, baixo o patrocinio do Concello de Ponteceso e a Deputación da Coruña, neste caso será a V Ruta de Bicicletas Clásicas Ponteceso.

 

Todos os interesados na devandita actividade, deberán achegar as súas vellas e lustrosas bicicletas e deberán ir vestidos de época. O percorrido sairá sobre as 11,30 h. do MELGA (Centro Cultural) para desprazarse pola Trabe, Tella, Ponteceso, o Malecón, a Barra, o Couto, o Agra, Ponteceso e chegada de novo ao Museo Etnolúdico de Galicia. Obrigatorio será inscribirse antes do venres día 07 de setiembre antes das 14,00 h. Para maior información dirixirse ao MELGA ou ao Concello, ben por teléfono ou por correo electrónico.

 

Finalizado o percorrido todos os participantes realizaban varias paradas para efectuar unha degustación pola “ruta dos petiscos”, para despois repoñer forzas cos exquisitos e saborosos “callos” pontecesáns.

 

Poñer as vosas bicicletas a punto e os estómagos liberados, para un gran día de festa cicloturística, lúdica e gastronómica!

Leave A Comment

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.