VI Aberto de Billa de Ponteceso

Desexamos informarvos que o vindeiro domingo día 20 de maio -18, celebrarase o VI Aberto de Billa, nas instalacións do campo de xogo exterior do Centro Cultural/ MELGA do concello de Ponteceso. 

Ao mesmo tempo desenvolverase a última xornada da liga Nacional de Billarda da Confederación Noroeste. 

A organización do evento correrá a cargo da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), a Confederación Noroeste de Billarda e a colaboración do Concello de Ponteceso.

Sabedes que desde este momento estades todos/ as convidados/as a participar e acompañarnos nunha sesión do noso deporte ancestral.

Esperámosvos!

Leave A Comment

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.