Visita de cortesía de la Fundación/Melga a la Diputación de A Coruña

O presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e director do MELGA, este venres tivo a ocasión de compartir, na Deputación da Coruña, unha intensa reunión co deputado de Deportes e Mocidade don JOSÉ GARCÍA LIÑARES (PSOE)

Os temas tratados, con carácter informativo, durante todo a mañá foron: presentarlle invitación oficial da próxima visita ao Museo Etnolúdico de Galicia; futuras firmas de convenios entre a Fundación e a Deputación sobre o mundo lúdico; programas levadas a cabo durante o exercicio de 2015; as 33 actividades a desenvolver neste ano 2016, e, finalmente, trasladóuselle a información detallada da cita máis importante que terá Galicia e especificamente a provincia da Coruña, o próximo ano de 2017, sobre a Asemblea Europea da AEJDT, Congreso Internacional sobre o Ludismo e o Festival Europeo de Xogos e Deportes Tradicionais no Camiño de Santiago, da cal será sede o MELGA do Concello de Ponteceso (Asemblea-Festival Escolar), a cidade da Coruña(Congreso-Festival) e posiblemente a capital galega de Santiago de Compostela(Congreso-Festival).

Só quédanos por comentar que a reunión de cortesía, realizada nesta ocasión, foi moi cordial e proveitosa, pois nos trasladou o Sr. Liñares, que prontamente concretariamos varias reunións sucesivas para facer o seguimento de todo o alí tratado. Satisfacción máxima.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.