Visitan o Melga un grupo numeroso de alumnos do CEIP. María Barbeito y Cerviño de A Coruña

Acompañados polas súas profesoras titoras Luz Teixido, Rosa Leira e Belén Martín, case oitenta alumnos e alumnos do CEIP. María Barbeito e Cerviño da Coruña, visitaron por segunda vez hoxe martes día 19 de xuño en sesión matinal, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso. Os docentes eran de educación infantil de 5º e 6º de primaria, de idades comprendidas entre os 10 e 11 anos respectivamente.

Ao ser un número elevado de visitantes, se distribuíron os rapaces e rapazas en dous subgrupos para así poder levar moito mellor a visita guiada. Mentres o grupo de menor idade estivo a desenvolver seis xogos e deportes tradicionais galegos no exterior do campo de xogo, o grupo maior visitou as salas de museo escoitando as explicacións do guía do mesmo e practicando outros xogos galegos e do mundo diferentes no recinto interior. A continuación despois de unha hora e media, rotouse a situación. A duración da xornada foi máis aló das tres horas de visita e como “propina” as profesoras e os alumnos/ as solicitaron, que como llo estaban pasando xenial, un cuarto de hora máis para gozar ao máximo a visita, antes de desprazarse a xantar e ao Dolmen de Dombate. Un grupo fantástico con moito interese e moi diferente ao que con anterioridade visitáranos facía xa dous anos. Excelente participación e interese por todos os presentes. Comentaban: “pasámolo chupi e volveremos cos nosos pais e amigos”. Satisfacción máxima.

Leave A Comment

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.