Visítanos o Centro Social Sagrada Familia de A Coruña

Un grupo de 30 nenos e nenas do Campus do Centro Social Sagrada Familia da Coruña, acompañados dos seus monitores Begoña García (representante do grupo) Lucía Garea e María Rivera, visitáronnos onte luns en xornada matinal, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) para realizar unha visita guiada ao mesmo. Esta foi a terceira vez que tivemos o gusto en recibilos durante este último ano. As idades dos visitantes estaban comprendidos entre os 3 e os 11 anos de idade.

Como a maioría dos campistas xa viñeran nas dúas ocasións anteriores e nunca acometeran o percorrido en toda a súa intensidade, nesta ocasión modificamos a sesión facendo fincapé na segunda sala do museo, xa que a última vez só dábanos tempo para percorrer a primeira sala, e a continuación, caso excepcional, desenvolveuse varios xogos de exterior como novidade da xornada lúdica. Tanto profesoras como participantes, tiveron moi atentos á sesión teórica e a está claro á práctica dos xogos tradicionais en condicións óptimas, pois a visita chegou ás tres horas e media. O vencedor da xornada lúdica-cultural por obter a maior das respostas acertadas ao patrimonio histórico correspondeu, sorpresivamente, ao neno de 11 anos Miguel Desmond Onuegbu de nacionalidade senegalesa. O premio concedido pola dirección do museo, foi como sempre, unha colección de trompos, buxainas, perinolas e perindolas.

 

Visítanos o Centro Social Sagrada Familia de A Coruña

 

Cabe comentar que durante a visita guiada, non deixaron de chegar familias para visitar o MELGA de Ponteceso de forma libre (aínda que algúns se uniron ao grupo sobre todos os nenos e nenas que acompañaban aos seus pais), como un atractivo máis dos roteiros turísticos da Costa da Morte. Hai que dicir, que este estío está a ser espectacularmente numerosos os visitantes tanto de forma grupal como liberal. Un verán, ata o momento, triunfal.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.