Visitas ao Melga: un xullo excelente, un agosto insuperable

Agosto de récord. Máis de 600 persoas visitaron o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, mes vacacional por excelencia, superando con creces o 60 % do rexistro do ano pasado. Non sabemos se o incremento estivo motivado polas condicións moi favorables da climatoloxía deste ano, as redes sociais, o boca a boca, ser algo máis coñecidos, os masss-media, etc…o que se estamos seguros é que calquera destas circunstancias, foron a “comunicación perfecta” para obter estas impresionantes cifras de asistentes. Non só foron visitantes da nosa rexión galega, se non doutras comunidades autónomas e en menor grao as persoas foráneas.

Tal foi o éxito e o balance positivo desta etapa estival, que o museo decidiu prolongar o horario de verán ata o 15 de setembro, con xornadas matinais de 10,00 h. a 14,00 h. de luns a sábado, despois de dita data, retomaremos o horario de inverno, ampliando a súa apertura a todas as tardes de 16,30 h. a 20,00 h. de luns a venres.

A Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, desexa expresar o seu agradecemento a todos aquelas persoas que nos visitaron, polo seu interese, colaboración, axuda e difusión, para que este museo fose un activo máis e referente lúdico-cultural na Costa da Morte, como todos pretendiamos cando se inaugurou o recinto museístico, alá polo 2013. Para aquelas persoas que aínda non nos coñecen, esperamos que algún día poidan ter un oco nas súas actividades laborais ou vacacionais, para estar entre nós, pois estamos seguros, que o MELGA de Ponteceso non lles vai a defraudar, tanto se a visita fose guiada ou xeral. Sinceras grazas a todos.

Leave A Comment

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.