Xuntaza de entidades do Patrimonio lúdico de Galicia

Despois de varios intentos de ser sede dunha “Xuntanza” durante estes últimos anos, nesta ocasión, hoxe sábado día 22 de outubro, o MELGA de Ponteceso (Casa da Cultura), por fin acolleu nas súas instalacións esta última asemblea de Entidades do Patrimonio Lúdico de Galicia. A mesma tivo lugar na primeira planta do centro, Cultural na Biblioteca do propio recinto. Os asistentes foron a Agrupación Galega de Xogos e Deportes Tradicionais (Melide); Etnoga Patrimonio Cultural (Pontevedra); Brinquedia (Ourense); Agrupación Lúdica (Noia); Asociación Recreativa de Birlos (Xove); Club de Chave (Santiago de Compostela) e o MELGA (Ponteceso). Varios das institucións convocadas, remitiron por escrito as súas desculpas polo non asistencia ao acto, por problemas de axenda.

A xornada comezou, sobre as 10,30 h. como estaba previsto, e mentres non se incorporaban todos os membros da Asemblea, o presidente/director da Fundación e do MELGA, despois da insistencia de moitos dos asemblearios, xa que moitos deles non coñecían o recinto museístico, tivo a ben en facer un percorrido polas salas do museo, realizando unha visita guiada con limitacións de tempo.

A Asemblea tratáronse os puntos seguintes: informe das últimas representacións dos membros en diferentes actividades (o MELGA informou sobre a Asamblea, Congreso e Festival de Bolos de Santander e da renuncia a ser sede o próximo ano 2017 en Galicia ea A GXDT fixo o mesmo coa sua saída a A Guarda(Portugal) no congreso de historia dos Xogos e Deportes no mundo); realizar unha base de datos de todas (as entidades, institucións, empresas, artesáns, museos, fundacións, etc.), que traballan este campo lúdico; concretizar unha sede fixa, coa maioría de textos sobre xogo e deporte tradicional existen entre particulares, centros privados e públicos, para que sexa referencia para todos aqueles que desexen realizar un traballo de investigación; futura catalogación de campos de xogo en cada provincia sobre xogos e deportes tradicionais; crear unha “Marca” do “XOGO GALEGO”; próximas publicacións nunha editorial de Vigo e os “Bolechas”: novas incorporacións á nosa sociedade lúdica e finalmente a futura Escola de Xogos e Deportes Tradicionais de Galicia. Outro punto acordado na xuntanza foi que a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o MELGA, o próximo día 11 de novembro de 2016, “San Martiño peóns ou camino”, será o encargado de realizar, en Ponteceso, o gran festival de Galicia sobre a buxaina ademais de lerse un manifesto en todos os colexios da Comunidade Autónoma, a cargo do gran escritor XABIER DOCAMPO.

Finalizado a sesión de traballo, sobre as 14,00 h. tratouse a data do próximo encontro. Finalmente estableceuse que o sábado 14 de xaneiro de 2017 ás 10,30 h. sería o ideal. E a sede recaeu de novo no MELGA. Estamos moi ditosos de que todos os membros da xuntanza saísen asombrados do que temos en Ponteceso como museo e por iso desexaban por unanimidade e por aqueles que non puideran vir, repetir de novo a sede. Unha gran mañá de intensos debates. Para  rematar a sesión, un xantar de traballo nun restaurante da vila pondaliana, seguindo e falando, como non, de xogos e deportes tradicionais como temática única de conversación.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.