HORARIOS VERÁN 2026
O Museo MELGA comunica a tódolos posibles visitantes os novos horarios para este verán 2026, vixentes desde o 11 de xullo ata o 15 de setembro. Para as visitas libres, o recinto abrirá os sábados pola mañá e pola tarde (de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.) e os domingos de mañá (de 11:00 a 14:00 h.). Pola súa banda, as visitas guiadas realizaranse de luns a domingo en horario de mañá (de 11:00 a 13:00 h.) e requiren obrigatoriamente cita previa cunha semana de antelación para un grupo mínimo de 15 persoas. Recomendamos contactar co museo antes de desprazarse a Ponteceso para confirmar a dispoñibilidade en cada data.
A información completa está neste artigo.
Para calquera dúbida ou xestión, por favor, poñédevos en contacto connosco nos teléfonos 981.71.54.42 ou 661.29.02.46, ou a través de info@museomelga.com.
A colección de Ricardo Pérez y Verdes
Visitas guiadas
Aprende xogando
O Museo Etnolúdico de Galicia
O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) é unha institución museolóxica de carácter permanente que ten como misión fundamental a conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego relacionado co xogo tradicional, co deporte tradicional e coa historia do xoguete. Nel tamén se mostran obxectos e pezas de grande interese, procedentes de España e de pobos e rexións da xeografía mundial.
O MELGA é un espazo de compromiso co pasado lúdico que serve de instrumento didáctico para as presentes e futuras xeracións, no que se organizan multitude de actividades e eventos anualmente.
Entradas grupos
As visitas en grupo deben reservar con antelación
Reserva a túa visita agora
¿Queres vir a xogar con nós?
¡Galicia e o deporte teñen moito que contarche!
Vexo, vexo… ¿qué ves?… uns bolos, unha billarda, un aro, unhas canicas, unhas tabas, érase unha vez… unha casiña de bonecas, un tiovio, unha carreira de carretas, un día de caza e pesca, un lanzador de pedras…
Novidades
O MELGA pecha as súas portas para o público en xeral ata novo aviso
O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado na planta baixa do Centro ...
O MELGA colaborará no IX Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos nas festas coruñesas do barrio do Castrillón
PREVISIÓN INFORMATIVA Este próximo venres día 21 de agosto de 2026, a ...
O MELGA cultivou un gran éxito nos VII Xogos Medievalistas nas Noites do Medievo en Riobó (Cabana de Bergantiños)
Outro ano máis, esta é a SÉTIMA edición, na pradería da aldea de Riobó, ...
Outro ano máis o MELGA invitado a Riobó para participar na XVII Edición das Noites do Medievo
Este sábado, día 08 do presente mes de agosto do 2026, o Museo Etnolúdico de ...
Unha xornada dominical con pleno de persoas de varias comunidades españolas
A xornada lúdica deste primeiro domingo do mes de agosto, cun sol radiante ...
Visita inesperadamente o MELGA a familia Picallo
Este sábado pola mañá, tivemos a agradable sorpresa de recibir á familia ...

Español









