Onte foi un día deses que lembraremos por moito tempo na vida da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, por ter o momento oportuno de localizar, nunha casa de antigüidades, unha peza auténtica de museo, sen dúbida, un deses caprichos que moitos coleccionistas de xoguetes desexan posuír, unha ocasión única desas que só aparecen, moi de cando en vez, na vida dun “buscador” de tesouros.
Con este achado a nosa Fundación, como sempre, o que pretende é que o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) nútrase e adquira pezas curiosas e inéditas de gran valor (como leste o caso), para unha vez expostas nas vitrinas do mesmo, todos os que nos visitan, darlles a oportunidade de observalas e desfrutar delas.
Como dixemos con anterioridade, a peza “capturada” do esquecemento, foi un gran esforzo económico por parte de ambas as institucións, Fundación e o MELGA, xa que os seus recursos, como saben, son inmensamente escasos, pero a peza en concreto, do mesmo xeito que as conseguidas nestes últimos anos (cuatriciclo, dobre randeeira, marioneta tunisiana, wari, chave ferrolá, etc,), pagaba a pena arriscarse e por non dicilo “empeñarse”.
Cal é a peza misteriosa? Trátase dunha xigantesca casa de bonecas de 2,20m. x 1,10 m., un peso aproximado de 80 k., dun estilo decimonónico dunha familia burguesa e en moi bo estado. Está realizada con moita minuciosidade, dun xeito artesanal e pintado a man, en cor negra e dourada, con catro retratos ao óleo na fronte e 3 flores en cada lateral, de vistosas cores. O moble componse de tres pezas fusionadas e desmontables: na parte superior atópase a propia vivenda, na intermedia atópase o escritorio e pártea inferior as dependencias auxiliares. A vivenda consta de 9 salas ou habitáculos, distribuídas en tres plantas, que corresponden a: o cuarto dos nenos/as, o dormitorio principal, o comedor, o salón, o baño, as escaleiras, a sala de música e a cociña. En cada estancia, cos seus respectivos aveños (camas, mesas , cadeiras, piano, reloxos de pé, etc….) e en todas elas, iluminadas con luces a través de lámpadas e apliques. A parte intermedia convértese nun escritorio e na parte inferior: as cortes, o aparcamento de coches, a adega e o rocho (estas estancias aínda sen a súa montaxe adecuada).
O “obxecto de desexo” foi elaborado, aproximadamente a principios de século pasado, polo médico compostelán J. Picallo, que tiña 5 fillas e a cada unha delas construíulle unha casiña, como a adquirida por nós. Das outras catro nada sabemos. Esta corresponde á máis “peque” da familia, chamada Ana. Como curiosidade no frontespicio de cada unha das casiñas, atópase pintada unha imaxe nun medallón mediano, co retrato de cada unha das nenas á que pertencía a mesma. As pinturas foron obra de P. Díaz, segundo reza un medallón pequeno do autor no interior.
A casiña de bonecas conseguida, no anticuario “A Gorida Vintage”, comentáronnos os seus propietarios, Iris e Diego, que lla compraron, facía uns anos, a #o devandita protagonista (Ana), e comentáralles o seguinte: “Levádesvola da miña casa, cunha inmensa dor de corazón por desprenderme dela, pero se vos pido, que cando non estea entre vós esta orixinal reliquia, lévella unha persoa que a aprecie tanto como eu a quixen ou senón que sexa adquirida por un museo”. Todas estas palabras de Ana, foron entrecortadas e cuns saloucos interminables e inconsolables . Grazas a deus, neste caso, o seu anhelo foi cumprido.
Sen dúbida, agora vén o complexo da súa localización, pois de momento non poderá ser exposta no museo durante algún tempo, debido a que non dispoñemos dun lugar adecuado e salientable para a súa exhibición, porque a peza así llo merece. Estamos seguros, que todo chegará e nun curto tempo, a vila de Ponteceso contará no MELGA, cunha “tesouro” único en Galicia e no mundo.



Español





Leave A Comment