A xornada organizada polo Melga sobre xogos tradicionáis e ciencia asolagaron o Festiletras cunha grande aceptación

A cuarta xornada do Festiletras do Couto-Ponteceso, de 11,00 h. ata a 17,00 h., un das moitas actividades para o día, tivo outro atractivo mais, como a programación a través do Museo Etnoludico de Galica ( MELGA) e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e por segundo ano consecutivo, “os xogos tradicionais e a ciencia”, no campo exterior da Fundación Pondal.

Os centros escolares convidados nesta ocasión pertencían ao CEIP. Eduardo Pondal e IES Eduardo Pondal de Ponteceso, IES Urbano LUgris (Malpica), IES Fin do Camiño (Fisterra), CEIP.Ou Cruzamento (Cerceda), Ponche dous Brozos (Arteixo) e IES Agra de Raíces de Cee. Eran alumnos e alumnas do ciclo infantil, primaria e secundaria, é dicir entre os 3 aos 15 anos, chegando a medio centenar de estudantes e profesores/ as que se achegaron polos diferentes xogos programados.

Máis de seis horas, e a moitos lles pareceu pouco tempo o dispoñible e repetiron en varias ocasións, non deixaron de practicar novos xogos como os imáns, a hélice, ou cayado ou a boina, a culler, o corno, o alquerque a 9, o wari, o senet e moitos máis, en total uns 25 xogos. Debido ao interese por parte de todos, a sesión práctica prolongouse unha hora máis para que aqueles atrasados e interesados nos mesmos, gozasen dun tempo extra. A profesora Manola Vázquez batiu o record de amontoar parafuxos deixando a marca en 13 estables, mellorando en un o da alumna María Dopeso do colexio O Cruce de Cerceda.

A actividade foi avalada co patrocinio da Deputación da Coruña, o concello de Ponteceso e pola concellería de Educación do concello de Ponteceso cuxo mandatario municipal é o concelleiro de Patrinomio, Biblioteca, Educación e Política Lingüistica é Carlos Penedo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.