II Aberto de Billa de Ponteceso e derradeira xornada da Conferencia Noroeste da Liga Nacional de Billarda

Aínda que a segunda edición do “ II Aberto de Billa de Ponteceso” e a “XIIª Xornada(última) da Conferencia Noroeste da liga Nacional de Billarda”, deberían xogarse no campo de xogos do Centro Cultural (MELGA), reunido o comité organizador do evento, polas posibles inclemencias do tempo, decidiuse trasladar definitivamente, con bo criterio, devandito torneo ao Polideportivo Municipal do Concello de Ponteceso, que amablemente, a corporación pontecesana, puxo á nosa disposición para o desenvolvemento do mesmo. Como estaba previsto a sesión deportiva deu puntualmente comezo ás 11,00 h. da mañá cunha participación superior ao ano anterior, con 24 parellas que desenvolveron en enfrontamento limpo as cinco tantas que compoñían ambos os concursos. Os “palanadores” presentes procedían dos lugares de Cerqueda (Malpica), Ortigüeira (Lugo), Cerceda (A Coruña), A Laracha (A Coruña), Arteixo (A Coruña), Rubadumia (Pontevedra), Ribadeo (Lugo), Cabana de Bergantiños(A Coruña), Santiago de Compostela ( A Coruña) e Ponteceso (A Coruña). Nesta ocasión, non houbo nenos nin mozos participante, unha nena e a maioría dos lanzadores eran homes e só contouse con catro mulleres. Ponteceso estivo representado polos seguintes “billardeiros”: José María Carrillo, Carlos Andrade, Alejandro Ferreiro, Zaida García-Nogueira; J.Manuel Pastoriza e Carlos Andrade.

O torneo levou a cabo en dúas canchas de xogo, con cinco grupos de 5 compoñentes (mixtos) con 5 quendas de lanzamentos, en forma de liga xogando oitavos, cuartos, semifinal e final. Despois de case catro horas de golpeos á billa co palán, no magnífico pavillón cuberto de Ponteceso, chegaron á Final do Aberto o matrimonio de Ribadeo composto por Daniel Rodriguez (Campión individual) e Geni Rodriguez Sanpedro (Subcampioa Individual) e como de costume, acumulan triunfos e triunfos desde hai varios anos alí a donde van. Son osInvencibles ata o momento. Para o terceiro e cuarto posto foi para Alex Ferreiro (Ponteceso) e Lito Pena (Cerceda). Outros premios foron: Geni Rodríguez, campiona en mulleres, Mariña Pena en infantil (12 anos) e o máis veterano (77 anos) o hispanoitaliano Delfranco Mangiavachi. Os vencedores por Ponteceso foron: campión Jesús Andrade, subcampión Carlos Andrade e terceiro clasificado José María Carrillo. Como curiosidade do torneo, apuntar que nesta ocasión tivo a oportunidade de competir, no grupo cuarto, o Director do MELGAPresidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, chegando aos cuartos de final do Aberto.

En canto á XIIª Xornada(última) da Conferencia Noroeste, o equipo campión foi “O Campo dá Feira de Paiosaco” (A Coruña) que venceu nesta última xornada, así como proclamouse Campión invicto da liga nesta tempada 2015-16, tendo o privilexio de clasificarse para o domingo 29 de maio, para disputar no GAIAS (Santiago de Compostela) a Gran Final coas outras cinco confederacións que existen en Galicia. O campión individual absoluto foi Xosé Collazo (A Laracha), presidente da Confederación Noroeste, obtendo como premio a cotizada Torre de Hércules, que lle acredita como o xogador máis regular da presente tempada.

Desexamos moita sorte a todos os clasificados da Conferencia Noroeste para a rolda final en Santiago de Compostela do próximo domingo 29, que teñamos un tempo ideal para o desenvolvemento e espectáculo do xogo e que nos traian algúns dos premios alí a disputar. Pola nosa banda, emprazar a todos os “billardeiros” de Galicia, para que vaian preparando os seus paláns, para o III Aberto de Billa de Ponteceso, que se celebrará alá polo mes de setiembre-16, con motivo das festas da Barquiña.

¡Unha Gran festa da Billa en Ponteceso nesta xornada lúdica-deportiva que hoxe rematou!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.